Podedes descargar este repositorio ou ben facer un fork (xa falamos en clase). Se queredes participar nesta coleción e propoñer vós mesmos os scripts podedes facer un Pull Request.
-
Todos os scripts comezan por un número. Pode ser unha suxerencia para ir traballando.
-
O nome dá unha idea do que haberá que facer.
-
Os scripts que teñen o nome rematado con xxx_sol.cmd son unha proposta de solución. Lembrade non só copiar e pegar, tamén analizádeos un chisquiño.
-
Os que teñen número alto son un pouco máis complexos.